Blogia
Leguelle

O descontrol inmobiliario

xermar1.jpg27 de outubro de 2008. As consecuencias do descontrol inmobiliario dos últimos anos cando a especulación impuña a súa lei, son tamén evidentes nos nosos ríos. Na parroquia de Arca, concello de O Pino, construíronse edificios até multiplicar por dous as vivendas da zona. No entanto, o concello non foi igual de dilixente á hora de dotar de servizos a Arca. O resultado, trasladábel a moitos outros concellos galegos, son pisos que non se venden e parroquias sen servizos básicos, quer a depuración de augas residuais.  A parroquia de Arca carece de depuradora e verte directamente ao rego de Xermar. As augas limpas do regato mistúranse coas fecais orixinando malos cheiros e unha contaminación evidente.
 

0 comentarios